Axúdanos a medrar

O Volai-Vai é un proxecto independente que tenta ampliar a presenza da cultura galega na rede con medios actuais.

Colaboradores PATREON

Headline


Title
Lorem ipsum dolor sit amet, consectetur adipiscing elit, sed do eiusmod tempor incididunt ut labore et dolore magna aliqua. Ut enim ad minim veniam, quis nostrud exercitation ullamco laboris nisi ut aliquip ex ea commodo consequat.
Title
Lorem ipsum dolor sit amet, consectetur adipiscing elit, sed do eiusmod tempor incididunt ut labore et dolore magna aliqua. Ut enim ad minim veniam, quis nostrud exercitation ullamco laboris nisi ut aliquip ex ea commodo consequat.
Title
Lorem ipsum dolor sit amet, consectetur adipiscing elit, sed do eiusmod tempor incididunt ut labore et dolore magna aliqua. Ut enim ad minim veniam, quis nostrud exercitation ullamco laboris nisi ut aliquip ex ea commodo consequat.

Por que precisamos doazóns?

O feito é que a acollida da primeira versión do Volai-Vai nos deixou algo sobrecollidas, mais despois de recibir tanto feedback e agradecementos desde recunchos de todo o planeta, vímonos na obriga de continuar cun proxecto que nacera máis ben como un experimento, pero que nos demostrou que se pode chegar a converter nunha ferramenta de divulgación moi interesante...

Aínda así, comprenderedes que todo isto ten uns custes de mantemento (aloxamento e dominio web, publicidade, etc.) que na equipa de traballo de Volai-Vai -que xa aporta o seu tempo e traballo desinteresado- non podemos asumir directamente, polo menos de xeito indefinido...

É por iso que decidimos abrir unha liña de doazóns via Patreon que poida facer do Volai-Vai unha plataforma auto-sustentábel que non implique gasto económico persoal d@s compoñentes da equipa, toda vez que -como xa dixemos- ningunha de nós percibe aportación económica polas súas horas de adicación.

As doazóns que recibamos serán destinadas a:

dominio.com

Porque pensamos que é importante manter o proxecto activo o maior tempo posíbel.

Servidor hosting

A artesa onde se gardan todos os datos que proporciona a plataforma: dende as propias cantigas ás imaxes, pasando polos perfís de usuari@ ou o propio código fonte.

Mantemento

Software para atención aos posíbeis reportes, control de cantigas duplicadas, xestión de imaxes... todas esas cousiñas que fan que o caixón do Volai-Vai se manteña en orde.

Outros gastos

Promoción e publicidade, gastos de desprazamento e compra de material para facer presentacións, e gastos da organización de eventos.

Motivando á equipa...

Como imaxinades, calquera feedback ou doazón que nos fagades chegar énchenos de felicidade e motivación, polo que tampouco non sobra... E tamén o partillardes contido coa plataforma, ou o propio Volai-Vai nas vosas redes sociais. Cant@s máis usuari@s, mellor!

Se chegaches até aquí é porque tes verdadeiro interese en apoiar o proxecto, e de ser así e teres algunha dúbida lembra que estamos ao teu dispor no Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo..
Podes clicar no peto que tes á dereita e aportar a cantidade que queiras. Calquera axuda será benvida!